Xoán da Coba non chegou a académico da Historia
Non sei se estaría hoxe no Liceo o noso amigo Xoán da Coba. Mágoa se non asistiu, porque falouse del. Ben, non del: do seu egrexio antecesor do s. XIX. Francisco Fariña contou con detalle que o da Coba e Arturo Vázquez Núñez competiron polo posto de corresponsal da Real Academia da Historia. Cadaquén presentou o seu curriculum. O de XDC foi un completísimo listado de obras -dramas, traxedias, zarzuelas, óperas....- todas cos seus títulos ben escritos, cunha letra manuscrita fina e redonda, moi fermosa. Pero o elixido foi Vázquez Núñez. Seica os académicos dixeron que non tiña méritos en publicacións de Historia.
DISTOPÍAS REAIS/REALIDADES DISTÓPICAS
-
*Coa cuestión da idade quedámonos atrás. A vellez** ten unha connotación *
*negativa e fuximos dela en lugar de resinificala*.
Irene Lebrusán, investigado...
Hace 3 días